viernes, 14 de marzo de 2014

Crónica3: Bágoas da Terra convida a unha conferencia sobre os “800 anos dos Franciscanos en Viveiro”...


Crónica3.com
Bágoas da Terra convida a unha conferencia sobre os “800 anos dos Franciscanos en Viveiro”


12-03-14

Este venres 14 de marzo ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz teremos unha Conferencia a cargo de Fray Hipólito Barriguín Fernández, Franciscano de Santiago, baixo o título de “800 anos dos Franciscanos en Viveiro”.

Trátase dun “tema interesante para todos los estudiosos de nuestra ciudad, por supuesto para los que integran la VOT Franciscana de Viveiro, los vieirenses en general y, de una manera especial, los que sienten nuestra Semana Santa como algo suyo; así entenderán y sabrán más de sus orígenes”, segundo consideran dende a Asociación Bágoas da Terra.

E o sábado 15 de marzo ás 20.30 horas na iglexa de Santa María o dúo Cantarte de Lugo ofrecerá un concerto de piano e violín como “outra avanzadilla de nuestro Programa de Difusión Cultural “Adral” que será presentado este xoves na Sede da Xunta de Cofradías xunto ós novos proxectos nos que traballan en torno á Semana Santa coma a súa Aplicación Móbil.

A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, despois do logro da Declaración da mesma de Interese Turístico Internacional, tampouco descansa e ambiciona máis para a mesma
.



0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis