jueves, 1 de marzo de 2012

Solicitan para a Paixón de Viveiro un distintivo internacional...

logo 

01/03/2012 - El Progreso (A Mariña)

A Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro renovaron o seu convenio de colaboración económica para converter a Semana Santa da cidade do Landro na máis importante de Galicia e impulsar a súa declaración como festa de interese turístico internacional.

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asinou onte un convenio co alcalde de Viveiro, Melchor Roel, un convenio en virtude do cal a entidade provincial outorga por segundo ano consecutivo unha axuda extraordinaria, neste caso de 26.000 euros, mentres que pola súa banda o Concello concede unha achega directa de 40.000 euros para a organización da festividade relixiosa. Suman en total 66.000 euros, o que supón cerca do 42% do orzamento da xunta de confrarías.

Besteiro explicou que a achega da Deputación estará concretamente destinada á instalación e mantemento dunha carpa museo que se coloca desde hai cinco anos á beira da igrexa de San Francisco para albergar todos os pasos de Semana Santa, de maneira que cada vez que hai unha procesión non sexa necesario montalos, senón que xa están preparados para saír. O convenio foi asinado en San Francisco.

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis